Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 954/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 954/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carolina Montero Victoria contra a empresa Centro Óptico Bergantiños, S.L., sobre ordinario, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é seguinte:

«Decido:

Que, estimando a demanda interposta por María Carolina Montero Victoria contra a empresa Centro Óptico Bergantiños, S.L., declaro extinguida a relación laboral coa súa empregadora, condenándoa a indemnizala pola extinción coa cantidade -s. e. ou o.- de cincuenta e seis mil oitocentos noventa e nove euros e sete céntimos (56.899,07 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e que contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Centro Óptico Bergantiños, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración xustiza