Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39848

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 11/2020).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 11/2020

Procedemento de orixe: DSP despedimento/cesamentos en xeral 204/2019

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 11/2020 deste Xulgado do Social, seguido por instancia da demandante Delfina Alcalde Lojo contra as empresas José Ces Alcalde, S.L. e Óscar Pérez López, S.L., sobre despedimento, ditei decreto eu e auto a maxistrada xuíza con data do 18 de setembro de 2020, contra o cal se pode recorrer en reposicion no prazo de tres días, e que se encontra á súa disposición na sede do Xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza