Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 14 de outubro de 2020 Páx. 39849

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (468/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Manuel Garea Boado contra Segursystem Europa, S.L., Servicios de Seguridade Integral e Mantenemento A-1, S.L. e Fogasa, con citación do administrador concursal Carlos Inocencio Caicoya Cecchini da empresa Servicios de Seguridade Integral e Mantenemento A-1, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento de obxectivo individual 468/2020 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servicios de Seguridade Integral e Mantenemento A-1, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19.11.2020 ás 9.50 horas (conciliación) e ás 10.00 horas (xuízo) en planta baixa, sala 3, Edif. Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Servizos de Seguridade Integral e Mantenemento A-1, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza