Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Marisol I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Marisol I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 9 de xullo de 2020, María Sánchez Miranda, Natividad Blanco Sánchez, Vanesa María Fernández Blanco e Samuel Fernández Blanco solicitaron autorización para transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Marisol I.

Segundo. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideración legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Juan Rafael Rodríguez Ordóñez (***8156**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Marisol I.

Localización:

Cuadrícula nº: 21.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña)

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 30.5.1975.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuales titulares María Sánchez Miranda (***9855**), Natividad Blanco Sánchez (***7818**), Vanesa María Fernández Blanco (***8806**) e Samuel Fernández Blanco (***8806**).

Novo titular: Juan Rafael Rodríguez Ordóñez (***8156**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

– Documento notarial da transmisión ou doazón.

– Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de outubro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña