Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan varias persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 0007454/2019, NIG 15030 33 3 2019 0001495.

De conformidade con disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, ou sendo o domicilio descoñecido, notifícase ás persoas interesadas, por medio de este anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto administrativo notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nos oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do acto administrativo que se notifica e constancia de tal coñecemento.

Dada a situación actual ocasionada polo COVID-19 a comparecencia solicitarase a través do teléfono 982 29 44 93.

Transcorrido dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase efectuada desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Lugo, 23 de setembro de 2020

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de titular

Persoa interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

188

33841827H

Emprazamento

Pereiro-Oirás (Alfoz-Lugo)

188

33844024F

Emprazamento

Pereiro-Oirás (Alfoz-Lugo)

188

Herdeiros de Ángel Fernández Díaz

Emprazamento

Pereiro-Oirás (Alfoz-Lugo)