Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 13 de outubro de 2020 Páx. 39701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 28 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1197/2019-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1197/2019-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 28 de setembro de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
A xefa do Servizo de Recursos Mariños
Por delegación de sinatura (Resolución do 25.11.2019)
Beatriz Alonso de la Iglesia
Xefa do Servizo de Competitividade e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1197/2019-PPM

76968120T

Proposta

O Pazo, 149, Rianxo

PSC-CO-1211/2019-PPM

35491421Y

Proposta

Pazo Rianxo, 246, Rianxo

PSC-CO-1225/2019-PPM

78784252Y

Proposta

Traba, 32, Araño, Rianxo

PSC-CO-1239/2019-PPM

78807126H

Proposta

O Pazo, 204, Rianxo