Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 38801

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 169/2020, do 24 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia da estrada provincial OU-0804 Alto do Covelo (OU-533)-A Veiga, desde o punto quilométrico 0+000 ao punto quilométrico 11+520.

Segundo o teor do artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial de Ourense expón que a estrada da súa titularidade OU-0804 denominada Alto do Covelo (OU-533)-A Veiga, parte desde a antiga variante do Alto do Covelo (estrada OU-533 punto quilométrico 28+200 MD) e finaliza na capitalidade do Concello da Veiga. Ten unha lonxitude de 11,520 km e pode considerarse un eixe estruturante vertebrador do territorio e, polo tanto, solicita á Xunta de Galicia a súa incorporación á Rede Autonómica de Estradas de Galicia.

A Xunta de Galicia, logo de vistos os correspondentes informes, considera que a OU-0804 podería pasar a ser titularidade da Xunta de Galicia desde a súa conexión coa estrada autonómica OU-533 ata o inicio do solo urbano do núcleo da Veiga no punto quilométrico 10+550.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e catro de setembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia de:

Clave

Denominación

PQi

Coordenadas UTM (ETRS89)

PQf

Coordenadas UTM (ETRS89)

OU-0804

Alto do Covelo (OU-533)-A Veiga

0+000

X= 655.902

Y= 4.677.766

11+520

X= 662.775

Y= 4.679.571

Incluír no Decreto 308/2003, do 26 de xuño, polo que se aproba a relación de estradas de titularidade autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia a estrada OU-0804, que se incorpora como segue:

Estrada

Rede

Denominación

Clave anterior

OU-129

S

Alto do Couso (OU-533)-A Veiga (Deput)

OU-0804

Artigo 2

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a Xunta de Galicia deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire o presente decreto.

Artigo 3

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega entre deputación e Xunta de Galicia.

Artigo 4

Correspóndelle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e catro de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade