Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38570

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (DCT 49/2019).

Nos autos de divorcio contencioso número 49/2019, seguidos por instancia da procuradora Sandra Amor Vilariño, en nome e representación de Peregrina Piñeiro Rodeiro, contra Francisco Javier Mayán Carballeira, ditouse con data 24.7.2020 sentenza, que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza:

Betanzos, 24 de xullo de 2020.

Vistos por min, María de las Nieves Corral Montes, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial, os autos do divorcio contencioso número 49/2019, en que foi parte demandante Peregrina Piñeiro Rodeiro, representada pola procuradora Sandra Amor e asistida pola letrada Esther Pérez Vázquez, e parte demandada Francisco Javier Mayán Carballeira,

Resolvo:

Que, estimando a demanda presentada pola parte demandante Peregrina Piñeiro Rodeiro, representada pola procuradora Sandra Amor fronte á parte demandada Francisco Javier Mayán Carballeira, debo declarar e declaro o divorcio do matrimonio entre Peregrina Piñeiro Rodeiro e Francisco Javier Mayán Carballeira, coa adopción das seguintes medidas:

– Atribución do uso e desfrute da vivenda familiar á demandante, quedando o enxoval e mobiliario para o uso e desfrute desta.

– Déixanse sen efecto as medidas relativas aos tres fillos en canto a patria potestade, garda e custodia, alimentos e réxime de visitas.

Non procede a condena en custas.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe, en audiencia pública no día da súa data, ante min, o letrado da Administración de xustiza. Dou fe.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que sirva de notificación en forma ao demandado rebelde Francisco Javier Mayán Carballeira, expídese o presente edicto.

Betanzos, 24 de xullo de 2020

O letrado da Administración de xustiza