Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38568

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 521/2020-CON).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación (RSU) 521/2020

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social (SSS) 577/2019 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrentes: José Antonio Varela González

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Matadero Frigorífico de Lemos, S.L., Ibermutua mutua colaboradora coa Seguridade Social número 274 (fusión Mutua Galega Ibermutuamur)

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Seguridade Social (...), Ana María Moreno Lugrís

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 521/2020-CON desta sala, seguido por instancia de José Antonio Varela González contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Matadero Frigorífico de Lemos, S.L., Ibermutua mutua colaboradora coa Seguridade Social número 274 (fusión Mutua Gallega Ibermutuamur), sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto por José Antonio Varela González contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ourense, con data do 23.10.2019, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada e desestimando a demanda absólvense os organismos demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ibermutua Gallega e Matadero Frigorífico de Lemos, S.L.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal lSuperior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Matadero Frigorífico de Lemos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza