Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, sito no concello de Baralla (Lugo) e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (expediente LU 11/137-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Enerxías Renovables de Galicia, S.A., en relación coa autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do parque eólico Serra da Lagoa, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010, pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Serra da Lagoa (en diante o parque eólico), cunha potencia de 29 MW e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. (en diante a promotora).

Segundo. Con data do 24.6.2011 Enerxías Renovables de Galicia, S.A. solicitou a autorización administrativa xunto coa declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Serra da Lagoa.

Terceiro. Con data do 19.8.2011 a promotora presentou solicitude de aprobación do proxecto de execución, inclusión no réxime especial e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do parque eólico Serra da Lagoa.

Cuarto. Con data do 3.11.2011, Fins Eirexas Santamaría, no seu nome e en representación da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, presentou escrito en que expón que o parque eólico ocupará unha superficie proposta para ser incluída na ampliación da Rede Natura 2000 e designada como LIC Miño-Neira.

Quinto. Con data do 19 de outubro de 2012 Enerxías Renovables de Galicia presentou escrito en que fai constar que o proxecto inicial do parque eólico Serra da Lagoa era de 48 MW e estaba formado por 16 aeroxeradores de 3 MW. Porén, o proxecto finalmente foi admitido con 29 MW, de tal xeito que non pode manter a configuración de máquinas de 3 MW sen implantar unha potencia maior a admitida, polo que solicita un pronunciamento sobre se a colocación de 9 aeroxeradores de 3 MW e un de 2 MW suporía unha modificación da puntuación acada no concurso.

Sexto. O 26 de decembro de 2012, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as modificacións do proxecto do parque eólico Serra da Lagoa, promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A. por non influír no resultado do concurso, segundo a Resolución do 20 de decembro de 2010.

Sétimo. Por Resolución do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (en diante a xefatura territorial), sometéronse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Serra da Lagoa.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 5.7.2013, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 20.6.2013 e no xornal El Progreso do 20.6.2013. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado de Baralla, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo e da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Solicitude de documentación para a correcta identificación das leiras afectadas.

– Alegación respecto dunhas leiras que pertencen ao dominio público da CN-VI e A-6 e como tales non son expropiables, polo que se debe solicitar a correspondente autorización ante a Unidade de Estradas en Lugo.

– Falta de comunicación e negociación por parte da empresa promotora.

– Ausencia de xustificación e conveniencia da ocupación do terreo afectado.

– Prexuízos de afección sobre explotacións de produción vexetal.

– Falta de idoneidade do trazado proposto para o acceso ao parque e proposta dun trazado alternativo.

– Sobre o paso de auga da traída á aldea de Vilanova por algunha leira afectada ou pola súa beira.

– Sobre a conveniencia de negociar o posible arrendamento da leira afectada.

– A inadecuación do procedemento por entender que non concorre circunstancia que xustifique a declaración de utilidade pública e a declaración de necesidade de ocupación de parte do monte.

Oitavo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Retegal, S.A., Retevisión I, S.A, Concello de Baralla, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Ministerio de Fomento e Axencia Estatal de Seguridade Aérea.

Noveno. O 14.5.2013 Retegal, S.A. emitiu condicionado en que propón a recolocación do aeroxerador 1 e 10, e a obriga do promotor da instalación de adoptar cantas medidas sexan necesarias para emendar a posible obstrución sobre os sinais de televisión unha vez executado o parque eólico, o cal debe resarcir Retegal de todos os danos e prexuízos que as obstrucións lle poidan causar, incluídos os custos de realizar as comprobacións técnicas necesarias para determinar o alcance da obstrución. O 7.6.2013 a promotora contestou o citado condicionado indicando que tomará as precaucións necesarias para asegurar que non se afecten os sistemas de emisión e recepción entre centros de Retegal nin tampouco a recepción dos sinais de TDT da zona.

Décimo. O 27.5.2013 Retevisión I, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunicou que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lles comunique calquera modificación para avaliar as posibles afeccións, sen prexuízo de requirir o compromiso da promotora de corrixir as posibles deficiencias que se poidan producir na recepción do sinal de televisión derivada da construción do parque eólico. Con data do 19.6.2013, a promotora manifesta a súa conformidade coas consideracións manifestadas por Retevisión.

Décimo primeiro. O 23.4.2013 e o 3.7.2013 reiteráronse, os condicionados técnicos ao Concello de Baralla, á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e ao Ministerio de Fomento.

Décimo segundo. O 7.2.2013, 11.4.2013 e 25.11.2013 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo emitiu informe sobre as instalacións electromecánicas descritas no proxecto de execución do parque eólico e a súa documentación complementaria.

Décimo terceiro. O 10.6.2014 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado.

Décimo cuarto. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Secretaría Xeral de Turismo, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

O 22.6.2015 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Serra da Lagoa, que se publicou no Diario Oficial de Galicia o 24.9.2015, por Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 23 de xullo de 2015.

Décimo quinto. O 28.9.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que facía referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo sexto. O 24.11.2017 Enerxías Renovables de Galicia, S.A. solicitou a tramitación do proxecto do parque eólico conforme a disposición transitoria terceira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Décimo sétimo. O 9.7.2019 o promotor solicita a tramitación separada da autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da tramitación da declaración de utilidade pública.

Décimo oitavo. O 9.7.2019 Enerxías Renovables de Galicia, S.A. solicitou a prórroga da vixencia da declaración de impacto ambiental do parque eólico de acordo co prazo establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Décimo noveno. En Resolución do 9 de marzo de 2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático sinala que segundo a Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pola que se modificou a Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia, e tendo en conta que neste suposto concreto a DIA foi publicada con data do do 24.9.2015, a vixencia da declaración de impacto ambiental será de 6 anos.

Vixésimo. O 4.6.2020 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ratificou que as coordenadas contidas na proxecto de execución cumpren os requisitos de distancias ás delimitacións do solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable delimitado, establecidos no Plan sectorial eólico de Galicia.

Vixésimo primeiro. O 7.5.2020 e 10.8.2020 a promotora presentou escrito en que propón limitar a potencia das máquinas correspondentes ás posicións M01 e M02 a 2,458 MW, de modo que a potencia total para o proxecto do parque eólico Serra da Lagoa será de 27,916 MW.

Vixésimo segundo. O 1.7.2020, por solicitude de Enerxías Renovables de Galicia, Retegal, S.A. emite informe favorable á instalación do parque eólico Serra da Lagoa no concello de Baralla.

Vixésimo terceiro. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para unha potencia de 28,04 MW, segundo informe do xestor de rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución e resumidas nos antecedentes de feito, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 22.6.2015, que se fixo pública por Resolución do 23 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG do 24 de setembro).

Así mesmo, durante o procedemento de avaliación ambiental a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil emitiu informe en que efectúa unha serie de consideracións sobre os seus principais impactos e indica unha serie de medidas para ter en conta no desenvolvemento do proxecto.

2. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, indícase que non están previstas afeccións aos usos actuais alén das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.

3. No que respecta á negociación cos titulares, a promotora sinalou que manterá conversas cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos afectados co obxectivo de achegar a un acordo.

4. Respecto das alegacións relacionadas coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como coas as compensacións económicas que poidan percibir os afectados pola eventual expropiación daqueles, cómpre indicar que serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución. Con todo, hai que indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas.

5. Do mesmo xeito, as consideracións efectuadas sobre a falta de xustificación da necesidade dun proceso de utilidade pública serán abordadas na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión.

6. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Neste número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios coa dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

7. Respecto das parcelas que xa son de dominio público, a promotora presentou unha separata técnica coa finalidade de informar sobre aquela parte das obras que poidan afectar as ditas leiras.

Cuarto. A seguir recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Serra da Lagoa, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 22.6.2015, e recollida no antecedente de feito décimo cuarto desta resolución:

a) Na epígrafe 4 da DIA recóllese a proposta de resolución, que literalmente di: «Examinada a documentación que constitúe o expediente, este Servizo de Prevención e Xestión Ambiental considera que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpran, ademais das condicións incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, as que se recollen ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre o indicado na antedita documentación e o establecido na presente proposta de DIA, prevalecerá o disposto nesta última».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións parque eólico Serra da Lagoa.

Na epígrafe 3 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

3.1. Protección da atmosfera.

3.2. Protección das augas e leitos fluviais.

3.3. Protección do solo e infraestruturas.

3.4. Xestión de residuos.

3.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

3.6. Protección do patrimonio cultural.

3.7. Integración paisaxística e restauración.

3.8. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

3.9. Outras condicións.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Serra da Lagoa, sito no concello de Baralla (Lugo) e promovido por Enerxías Renovables de Galicia, S.A., cunha potencia de 27,916 MW.

Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Serra da Lagoa, composto polos documentos: Proyecto técnico parque eólico Serra da Lagoa (Baralla), presentado o 8.4.2013 e asinado polo enxeñeiro industrial Julio Gómez Leiras, e Respuesta a requerimiento de enmienda. Documentación complementaria y aclaratoria. Parque eólico Serra da Lagoa (Baralla) presentado o 31.10.2013 e asinado polo enxeñeiro industrial Julio Gómez Leiras.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Enerxías Renovables de Galicia, S.A.

Enderezo social: rúa de Amio nº 122, polígono Costa Vella, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Serra da Lagoa.

Potencia autorizada: 27,916 MW.

Produción neta: 77.110 MWh/ano.

Horas equivalentes netas: 2.750 horas.

Concellos afectados: Baralla (Lugo).

Orzamento de execución material: 30.374.572 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

638.736

4.752.003

638.612

4.751.789

2

639.855

4.751.872

639.731

4.751.658

3

640.020

4.751.599

639.896

4.751.385

4

639.020

4.751.194

638.896

4.750.980

5

639.581

4.749.602

639.457

4.749.388

6

638.317

4.749.178

638.193

4.748.964

7

636.596

4.752.826

636.472

4.752.612

8

636.197

4.755.620

636.073

4.755.406

9

637.000

4.757.000

636.876

4.756.786

10

638.000

4.757.000

637.876

4.756.786

11

639.069

4.755.544

638.945

4.755.330

12

637.956

4.754.219

637.832

4.754.005

Coordenadas dos aeroxeradores do parque eólico:

Aeroxerador

Potencia

MW

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

M01

2,458

637.483

4.753.524

637.359

4.753.310

M02

2,458

637.620

4.753.297

637.496

4.753.083

M03

3

638.021

4.751.976

637.897

4.751.762

M04

3

638.064

4.751.703

637.940

4.751.489

M05

3

638.169

4.751.465

638.045

4.751.251

M06

3

638.305

4.751.228

638.181

4.751.014

M07

3

638.399

4.750.996

638.275

4.750.782

M08

3

638.522

4.750.719

638.398

4.750.505

M09

3

638.692

4.750.209

638.568

4.749.995

M10

2

638.753

4.749.960

638.629

4.749.746

Coordenadas da torre meteorolóxica do parque eólico:

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM 01

638.370

4.751.100

638.246

4.750.886

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 9 aeroxeradores (de M01 a M09, ambos incluídos) modelo Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, con 84 m de altura da buxa, estrutura tubular metálica e 112 m de diámetro de rotor. Os aeroxeradores M01 e M02 estarán limitados a 2,458 MW.

– 1 aeroxerador (M10) Vestas V-90 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria, con 80 m de altura da buxa, estrutura tubular metálica e 90 m de diámetro de rotor.

– 9 centros de transformación de 3.500 kVA de potencia nominal unitaria e outro de 2.500 kVA (para os aeroxeradores de M01 a M09, ambos incluídos, e M10, respectivamente), todos eles con relación de transformación 0,65/30 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

– Torre meteorolóxica autoportante de 84 m de altura, equipada con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas subterráneas de 30 kV de tensión nominal, cos condutores directamente soterrados con trazados paralelos aos camiños, e con tubos de protección no caso de cruzamentos, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/30 kV e subestación transformadora 30/132 kV.

– Camiños ou vías, con 5 m de largo mínimo e maioritariamente de cascallo para o acceso a aeroxeradores, torre anemométrica, edificio de control e subestación eléctrica.

– Subestación transformadora 132/30 kV tipo PASS, cun transformador principal 132/30 kV intemperie, YNdn11, de 30 MVA de potencia nominal, e outro de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA, Dyn5, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control en que se situarán, entre outros elementos, as celas de liña, de protección e de medida.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Enerxías Renovables de Galicia, S.A. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 319.890 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

4. Previamente ao inicio das obras, o promotor deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxías que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

5. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por técnico facultativo competente, no cal conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución e a súa documentación complementaria que por esta resolución se aproba, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia e, así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

6. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

7. Simultaneamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións o promotor deberá presentar ante a dita xefatura territorial, certificado do fabricante en que conste a limitación de potencia das máquinas, que garanta que a potencia evacuada non supera en ningún momento a potencia autorizada por esta resolución.

8. No caso de que se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Enerxías Renovables de Galicia, S.A. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

9. De conformidade co artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados desde o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica que lle resulten de aplicación.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 34.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito sétimo:

Manuel Caloto López o 2.5.2013, Ana María Vilariño Regal o 14.5.2013, Francisco López Caloto o 14.5.2013, Ministerio Fomento Demarcación de Estradas o 16.5.2013, Jesús Díaz González como presidente do MVMC de Recesende o 31.5.2013, Manuel Jesús González Capón como alcalde do Concello de Baralla o 4.6.2013, José Manuel Nogueira Rodríguez o 4.6.2013, José Antonio Fernández Conde o 4.6.2013, José Caloto López o 4.6.2013, Manuel Caloto Vila o 4.6.2013, Jesús González Conde o 4.6.2013, Domingo Núñez López o 4.6.2013, Mª Inés Rodríguez Caldeiro o 4.6.2013, Roberto Quiroga Fernández o 4.6.2013, José López Fernández o 4.6.2013, Sofia Caldeiro López o 4.6.2013, José Manuel Fernández Caloto en representación dos herdeiros de José Fernández Díaz o 5.6.2013, Pablo Viño Prieto como representante da CMVMC de Vilartelín o 5.6.2013, María Inés Caldeiro Rodríguez o 7.8.2013, Roberto Quiroga Fernández o 20.8.2013.