Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 16 de setembro de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública a separata para información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-224, punto quilométrico 2+440-2+830, Santo André de Xeve, de clave PO/20/030.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes:

Por Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 18 de agosto de 2020 aprobouse provisionalmente o contido do documento para información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-224, p.q. 2+440-2+830, Santo André de Xeve, de clave PO/20/030.06.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o documento para información pública do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada PO-224, p.q. 2+440-2+830, Santo André de Xeve, de clave PO/20/030.06.

O obxecto deste proxecto é definir, xustificar e valorar as obras necesarias para levar a cabo unha serie de actuacións que permitan mellorar a seguridade viaria na contorna da intersección da estrada PO-224 coa estrada PO-223, polo que serán necesarias as seguintes actuacións:

• Mellorar a intersección en cruz existente entre as estradas PO-223 e PO-224 con regulación semafórica, mediante a execución dunha glorieta e creación de beirarrúas na súa contorna.

• Proxectar un itinerario peonil e ciclista na PO-224, de conexión do núcleo poboacional de Sobral co colexio CEIP Santo André de Xeve.

• Reordenar o espazo público e ampliación das zonas de aparcadoiro no ámbito do colexio CEIP Santo André de Xeve.

• Relocalización e mellora das paradas de autobús existentes na zona.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. María Victoria Moreno, 43-1º, 36071 Pontevedra) e na Casa do Concello de Pontevedra (rúa Michelena, 30, 36071 Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase a disposición dos interesados o documento completo para información pública.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción.

MSV na estrada PO-224, p.q. 2+440-2+830, Santo André de Xeve.

Clave: PO/20/030.06.

Concello de Pontevedra.

Clasificación: solo non urbanizable común.

Situación básica do solo: rural.

Núm. parcela

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Titular

NIF

Uso

Superficie catastral

Superficie afectada

Ocupación temporal

Bens afectados

001

36900A27800063

278

00063

Fontán Pérez, Carina

***1911**

Residencial

2.252

25,50

002

36900A27800064

278

00064

Fontán Pérez, Carina

***1911**

Agrario

1.366

1,366,00

003

36900A23800029

238

00029

Fraga Abilleira, Vicente

***2445**

Agrario

1.139

21,25

– Murete de pedra 23 m2

004

36900A23800028

238

00028

Fraga Abilleira, Vicente

***2445**

Agrario

179

121,50

– Murete de pedra + recuamento + contador 8 m2 + 1 ud.

005

36900A23800027

238

00027

Fraga Abilleira, Vicente

***2445**

Agrario

162

145,50

– Murete de pedra 4 m2

006

36900A23800140

238

00140

Fraga Abilleira, Vicente

***2445**

Agrario

383

951,00

– Peche malla torsión e poste de formigón 55 ml

007

36900A23800083

238

00083

Concello de Pontevedra

P3603800H

Agrario

20.193

688,50

008

36900A27800094

278

00094

Comunidade veciñal de montes en man común de Sta. María de Xeve

***1058**

Industrial

98.425

1.107,25

– Muro de perpiaño + árbore madeirable + árbore ornamental/froiteira. 15 m2 + 1 ud. + 5 ud.

009

36900A27800073

278

00073

Solla Couto, Mª Pilar

***4923**

Agrario

1.026

498,50

– Muro de perpiaño + recuamento. Portal metálico + peche malla torsión e poste formigón + enreixado de fundición, aceiro + recuamento contador + viñedo. 60 m2 + 2 ud. + 48 ml + 23 ml + 2 ud. + 248 m2

010

36900A27700134

277

00134

Fernández Couto, Celia

***2499**

Agrario

99

2,00

011

36900A27700132

277

00132

Fernández Couto, Celia

***2499**

Industrial

3.339

269,00

– Muro de pedra taqueada + recuamento portal metálico + árbore ornamental/froiteira + edificación alpendre. 104 m2 + 1 ud. + 3 ud. + 16 m2

012

36900A27700133

277

00133

Fernández Couto, Celia

***2499**

Agrario

183,00

9,00

11,00

– Muro de pedra taqueada + recuamento portal metálico + columna de pedra + panel de peche de fundición/aceiro. 24 m2 + 1 ud. + 4 m + 5 ml

013

36900A27700078

277

00078

Fernández Couto, Mª Primitiva

***2526**

Agrario

1.650

65,50

014

36900A27700074

277

00074

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

-----

Agrario

346

155,00

– Murete de pedra + árbore madeirable. 8 m2 + 2 ud.

015

36900A27700073

277

00073

Fontán González, Leonor

***8559**

Agrario

76

52,50

– Murete de pedra. 13 m2