Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 865/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 865/2019 deste xulgado do social, seguido contra a empresa David Díaz García, en ignorado paradoiro, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento, antecedentes de feito e parte dispositiva se xuntan:

«A Coruña, 4 de setembro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de Fátima María López García, que comparece representada polo letrado Sr. Andión Cerdeiriña, contra a empresa David Díaz García, que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza:

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante, Fátima María López García, presentou con data do 18.10.2019 demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, na cal, tras expoñer os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite a devandita demanda, sinalouse para a celebración do acto de xuízo o día 25.6.2020 e este tivo lugar na data sinalada en todas as súas fases co resultado que consta na correspondente gravación audiovisual. Unha vez concluído o acto do xuízo, acordouse a práctica dunha dilixencia final e, tras darse traslado á partes para alegacións o 20.7.2020, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución:

Desestímase a demanda interposta por Fátima María López García contra a empresa David Díaz García, e absólvese a parte demandada de todos os pedimentos desta.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a David Díaz García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza