Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37957

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración (DSP 179/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento número 179/2020 deste xulgado do social, foi ditado auto de aclaración de sentenza con data do 17 de agosto de 2020 facendo saber ao interesado que poderá ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial e pondo no seu coñecemento que contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interporse contra a resolución aclarada, cuxo prazo de anuncio se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Silleda, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza