Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37658

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2528/18-RCUD 338/18-S).

Eu, Asunción Barrio Rúa, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2528/2018 desta sala, seguido por instancia de Pedro Manuel González Sánchez contra o Fogasa, Transportes Pena Burela, S.A.; Frigoríficos Costa Norte, S.A.; Grupo Támega, S.L.; Trabajos y Servicios Exteriores, S.L., o Ministerio Fiscal, Fisterra TIG, S.L.; Lucense de Servicios Logísticos, S.L., Administración concursal de Fisterra TIG, S.L.U. (Jesús A. Amarelo Fernández) e Administración concursal do Grupo Támega, S.L. (Jesús A. Amarelo Fernández), sobre despedimento disciplinario, a Sala IV do Tribunal Supremo ditou resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada María del Carmen Pereira Sáez, en nome e representación de Lucense de Servicios Logísticos, S.L. contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 22 de novembro de 2018 no recurso de suplicación número 2528/2018, interposto por Pedro Manuel González Sánchez fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Lugo, do 26 de marzo de 2018, no procedemento nº 731/2017 seguido por instancia de Pedro Manuel González Sánchez contra Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U.; Grupo Támega, S.L.; Transportes Pena Burela, S.A.; Frigoríficos Costa Norte, S.A.; Trabajos y Servicios Exteriores, S.L., Jesús Antonio Amarelo Fernández (administrador concursal do Grupo Támega, S.L. e de Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U.), Lucense de Servicios Logísticos, S.L., o Fondo de Garantía Salarial e o Ministerio Fiscal, sobre despedimento.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorreu, coa imposición das custas á recorrente por un importe de 300 € en favor de cada parte recorrida comparecida e a perda do depósito constituído para recorrer. Darase, se é o caso, ás consignacións e aseguramentos prestados o destino que corresponda, de acordo coa sentenza de suplicación.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en forma legal a Transportes y Servicios Exteriores, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza