Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37500

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 456/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Felipe Manuel Especht Freire, en reclamación por despedimento, rexistrado co nº despedimento/cesamentos en xeral 456/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a mercantil Tecnofi, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 2.10.2020, ás 9.00 horas, na planta segunda (oficina xudicial) para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza, e o día 2.10.2020, ás 9.00 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio na rúa Berlín, para, se é o caso, a celebración do acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que a demanda e os demais documentos quedan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

Prevencións legais:

1º. A non comparecencia da demandada, debidamente citada, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, que continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que intente valerse (artígo 82.3 da LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interveu nos feitos, deberá presentar no xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán así mesmo solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, debendo practicarse neste, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírtese que a parte demandante solicitou como probas:

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Copia de todas as nóminas do traballador dos últimos 24 meses e contratos desde o inicio da súa relación laboral.

Advírtese que se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º da LAC). Fáiselle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que está convocada (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación co fin de evitar o proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar a data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

8º. Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Tecnofi, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza