Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37503

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública as solicitudes de aprobación definitiva do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo), e de declaración de utilidade pública das obras e instalacións proxectadas.

Para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1952; e no seu Regulamento aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, sométense a información pública as solicitudes de aprobación definitiva do seguinte proxecto sectorial e de declaración de utilidade pública das obras e instalacións proxectadas:

Promotor: Lots, Land & Rent, S.L. (empresa pertencente ao Grupo Caamaño).

Denominación: proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (Culleredo).

Obxecto: ampliar e regularizar a implantación actual das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, fixando as condicións urbanísticas para crear un solo urbanizable industrial que englobe as instalacións en funcionamento e a ampliación prevista, o que precisa dunha cualificación urbanística do solo adecuada.

Características:

O ámbito territorial do proxecto sectorial cínguese ás parcelas ocupadas polas instalacións actuais da sede central do Grupo Caamaño, e as súas inmediatas, así como as lindeiras co seu acceso principal desde a antiga estrada N-550. En total, a delimitación inclúe unha superficie bruta de 67.847 m2 da cal, descontando a superficie de vía pública existente (4.210 m2), resulta un total neto de 63.637 m2 do cal o Grupo Caamaño é propietario maioritario (84 %).

A superficie construída acada os 34.536 m2 e, co proxecto sectorial, esta incrementarase en 18.919 m2, (un incremento do 55 %), xestionando para iso a cobertura necesaria a nivel urbanístico dentro do marco lexislativo vixente, e definindo pautas de integración respecto ao seu contorno natural e construído.

O desenvolvemento do proxecto sectorial implicará un investimento total de 10.834.000 € (adquisición de solo: 584.000 €; urbanización: 850.000 €; construción de edificacións: 6.000.000 €; e equipamento industrial: 3.400.000 €).

Concellos afectados: Culleredo (A Coruña).

O devandito proxecto sectorial foi sometido aos procedementos de declaración de incidencia supramunicipal e de avaliación ambiental estratéxica simplificada:

– O Consello da Xunta de Galicia, mediante acordo do 10.10.2019, declarou a súa incidencia supramunicipal.

– O órgano ambiental (Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático) formulou, mediante a Resolución do 28.2.2020, o seu informe ambiental estratéxico.

O obxecto da información pública será o proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño e o documento relativo á solicitude de declaración de utilidade pública.

A respecto da relación de bens e dereitos afectados (RBDA) que se consideran de necesaria expropiación, incluída no proxecto sectorial e na solicitude de declaración de utilidade pública, cómpre indicar o seguinte:

– A aprobación definitiva do citado proxecto sectorial levará implícita a declaración de utilidade pública das obras e instalacións proxectadas, así como a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, para os efectos de expropiación forzosa ou de imposición de servidume, conforme o establecido na disposición adicional primeira da Lei 10/1995, do 23 de novembro, e no artigo 11.5 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo.

– A devandita RBDA figura como anexo a esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 18 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 17 do seu regulamento.

O órgano competente para aprobar o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como declarar a utilidade pública das obras e instalacións proxectadas e a necesidade da ocupación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución, será o Consello da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 13.4 do Decreto 80/2000.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo dun mes a partir do día seguinte á última das tres publicacións que se farán desta resolución (no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e nun dos xornais de maior circulación na Comunidade Autónoma) ou a partir da correspondente notificación individual no caso de persoas que figuren na RBDA. A documentación obxecto desta información pública poderase examinar na Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria (r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña), no concello afectado (Culleredo) ou a través do seguinte enderezo da internet:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-industriais

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polas obras e instalacións do proxecto sectorial de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, situada en Alvedro (A Coruña)

Predios

Afección

Nº predio

Referencia catastral

Situación

Concello

Uso principal

Sup. total (m2)

Propietario

Sup. que se vai expropiar (m2)

Motivo

1

001101200NH59C

San Fernando, 35

Culleredo

Agrario e residencial

1.214

Liñares Fraga, José

26,61

Ampliación da vía

2

001201500NH59C

San Fernando, 56

Culleredo

Agrario e residencial

2.723

Liñares Fraga, José

161,76

Ampliación da vía

001201500NH59C

San Fernando, 56

Culleredo

Agrario e residencial

2.723

Rodríguez Costa, Adolfina

161,76

Ampliación da vía

3

1140912NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

998

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

32,19

Ampliación da vía

1140912NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

998

Frío Coruña, S.L.U.

32,19

Ampliación da vía

4

1140916NH5913N

San Fernando, 52

Culleredo

Industrial

2.918

Bugallo Ponte, S.L.

194,29

Ampliación da vía

5

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Louro Louro, José Antonio

36,88

Ampliación da vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Blanco Paz, María Consuelo

36,88

Ampliación da vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Lamas Eiroa, María Teresa

36,88

Ampliación da vía

1140918NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.104

Pallares Gómez, Antonio

36,88

Ampliación da vía

6

1140919NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Residencial

1.184

Piñeiro Basadre, Rafael

13,80

Ampliación da vía

1140919NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Residencial

1.184

Robles Vázquez, María del Carmen

13,80

Ampliación da vía

7

1140920NH5913S

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.269

Trasdoval, S.L.

55,22

Ampliación da vía

8

1140921NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

697

Rodríguez Patiño, Manuel

20,05

Ampliación da vía

9

1140922NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

653

Rodríguez Patiño, Manuel

10,43

Ampliación da vía

1140922NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

653

Barbeito Seijas, María

10,43

Ampliación da vía

10

1140923NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.363

Rodríguez Busto, Eva

17,35

Ampliación da vía

11

1140929NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

799

Talleres Mecánicos e Industriales, S.A.

29,12

Ampliación da vía

1140929NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

799

Frío Coruña, S.L.U.

29,12

Ampliación da vía

12

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Louro Louro, José Antonio

22,86

Ampliación da vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Blanco Paz, María Consuelo

22,86

Ampliación da vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Lamas Eiroa, María Teresa

22,86

Ampliación da vía

1140931NH5913N

Lg. Costa Alvedro

Culleredo

Solo sen edificar

1.103

Pallares Gómez, Juan Antonio

22,86

Ampliación da vía

13

15031A00500163

Canle Oscuro

Culleredo

Agrario

10.213

Caamaño Louro, José María

1.714,00

Reserva de aparcamento, ampliación de instalacións e cesión espazo libre

15031A00500163

Canle Oscuro

Culleredo

Agrario

10.213

Río Gallego, Joaquín

1.714,00

Reserva de aparcamento, ampliación de instalacións e cesión espazo libre

14

15031A00500166

Cotanela

Culleredo

Agrario

1.374

Ordóñez, Casimira

1.374,00

Ampliación de instalacións

15

15031A00500167

Cotanela

Culleredo

Agrario

1.735

Liñares Fraga, José

900,29

Ampliación de instalacións

16

15031A00500168

Paxariñas

Culleredo

Agrario

1.048

Fernández Vales, Rosa Albinia

89,26

Ampliación da vía

15031A00500168

Paxariñas

Culleredo

Agrario

1.048

Santamariña Rodríguez, Francisco

89,26

Ampliación da vía

17

15031A00500171

Berguiños

Culleredo

Agrario

1.950

Mariscal Gantes, Jorge

1.950,00

Ampliación de instalación

18

15031A00500185

Requeiro

Culleredo

Agrario

845

Catrufo Bermúdez, Santiago

212,07

Ampliación da vía

19

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Martínez López, Mercedes

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Aramburu, María Victoria

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Aramburu, Blanca

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, María Jesús

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Elena

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Luis Francisco

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, José María

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Carmona Iglesias, Inés

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, Eulalia

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Domínguez, Margarita

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, Ana

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, María Cruz

138,59

Ampliación da vía

15031A00500199

Ponte

Culleredo

Agrario

10.480

Iglesias Martínez, Eva

138,59

Ampliación da vía

20

15031A00500202

Ponte

Culleredo

Agrario

1.502

Ramos Calvete, Mercedes

1.468,00

Ampliación de instalacións e regularización de espazo libre

21

15031A00500204

Requeiro

Culleredo

Agrario

1.004

Doldán Ramos, José

961,00

Ampliación de instalacións e regularización de espazo libre

22

15031A00500262

Berguiños

Culleredo

Agrario

1.004

Barral Lousada, María

961,00

Regularización de espazo libre

23

15031A00500274

Cotenla

Culleredo

Agrario

964

Morano Gómez, Servando

84,33

Ampliación da vía