Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 348/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Luis García Ribadulla contra Logística Trami Trucks, S.L., e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 348/2020, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Logística Trami Trucks, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15.10.2020, ás 9.00 horas, na planta baixa, sala 3, no edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

A copia da demanda e documental achegada está á disposición da parte nesta oficina xudicial, podendo consultar as actuacións nas devanditas dependencias.

A parte demandante solicitou como proba: interrogatorio do representante legal da empresa demandada, e achega dos seguintes documentos: contratos de traballo do demandante, comunicación de baixa á TXSS, nóminas de 2019 e 2020, e boletíns de cotización á Seguridade Social de 2019 e 2020.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Logística Trami Trucks, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza