Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37298

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 9 de setembro 2020 pola que se outorga nomeamento á rexistradora da propiedade, mercantil e de bens mobles para un rexistro vacante.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 306 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 2 de marzo de 2020 (BOE do 9 de marzo) e resolto pola Resolución do 1 de setembro de 2020, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 74/2018, do 5 de xullo, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANEXO

• Sandra María Martínez Valente, rexistradora de Ourense nº 2 para o Rexistro de Redondela-Ponte Candelas.