Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37299

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 15 de setembro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar na convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán presentar coa petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario con destino noutra Administración pública, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e as demais disposicións concordantes. Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e, de considerarse oportuno, poderá declararse deserto o posto.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo posesorio contarase a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela poderase recorrer potestativamente en reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO I

Denominación: secretario/a do/da director/a.

Código do posto: FC.A20.00.000.15770.002.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.996,92 €.

Subgrupo: C1-C2.

Corpo ou escala: xeral.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file