Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37201

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 216/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 216/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Bouzas Santiso contra Bobocado Restauración, S.L. e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é:

Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Belén Menéndez Medel.

Santiago de Compostela, dous de setembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Bobocado Restauración, S.L., en situación de insolvencia total polo importe de 14.624,41 euros en concepto de principal (1.585,51 euros en concepto de indemnización, 13.038,90 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 1.462,44 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (art. 188 LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bobocado Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza