Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37194

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Ribeira

EDICTO (334/2018).

Inmaculada Pulido Domínguez, letrada da Administración de xustiza e con destino no Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 dos de Ribeira e o seu partido, dá fe e testemuño que nos autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado co número 334/2018, por instancia de Santander Consumer, EFC, S.A., fronte a Pesquera de Aguiño, S.A., recaeu sentenza, cuxo encabezado e parte dispositiva, é o teor literal seguinte:

«Ribeira, 30 de outubro de 2019

Iria López Carregal, xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 3 desta localidade e do seu partido, viu os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 334/2018 promovidos pola entidade Santander Consumer EFC, S.A., representado polo procurador dos tribunais José Paz Montero e asistida polo letrado Gonzalo Durán Rodríguez-Hervada; contra a entidade Pesquera de Aguiño, S.L., en situación de rebeldía procesual; sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Estimando integramente a demanda, debo condenar e condeno a demandada, a entidade Pesquera de Aguiño, S.L., a aboar á entidade demandante, Santander Consumer EFC, S.A., a cantidade de 26.556,68 euros máis o xuro legal desde o 9.7.2018. Desde a data da presente resolución, devindicarase o xuro do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

As custas impóñense á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, senón que contra ela cabe formular recurso de apelación, que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación e do que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, conforme dispoñen os artigos 457 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, xulgando en primeira instancia, a pronuncio, mando e asino».

O anteriormente transcrito concorda ben e fielmente co seu orixinal ao que me remito, estendéndose o presente edicto en Ribeira o oito de xullo de 2020, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma da presente sentenza á entidade Pesquera de Aguiño, S.L., actualmente en ignorado paradoiro.

A letrada da Administración de xustiza