Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37250

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso administrativo, procedemento ordinario 112/2020C.

De conformidade co establecido nos artigos 49.1 e 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, por medio deste escrito emprázase a todas as persoas interesadas ou que teñan interese lexítimo para que poidan comparecer como demandadas interesadas no prazo quince (15) días no recurso contencioso-administrativo 112/2020C, procedemento ordinario sobre materia de persoal que se sigue no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense contra a resolución ditada pola Deputación Provincial de Ourense de aprobación das bases reguladoras dos procesos selectivos para a provisión das prazas incluídas na oferta ordinaria de emprego público da Deputación Provincial de Ourense correspondente ao ano 2017.

Ourense, 17 de agosto de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense