Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia presentou recurso contencioso-administrativo contra o Acordo da Xunta de Goberno local de data 12 de marzo de 2020 polo que se aprobaron as bases específicas do proceso selectivo convocado para a provisión de 15 prazas de bombeiro e de 4 prazas de condutor-bombeiro, incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2017, 2018 e 2019 (expediente 34733/220), que se está tramitando ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, procedemento abreviado número 172/2020. Mediante este anuncio e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, en redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, emprázanse as posibles persoas interesadas que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 7 de setembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decretos do 18.6.2019, 26.6.2019 e 2.9.2019 e acordos da Xunta
de Goberno local do 20.6.2019, 4.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal