Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 24 de setembro de 2020 Páx. 37251

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de primeiro máximo nivel estatal de Galicia 2020.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins prevé o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a I Edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º máximo nivel estatal de Galicia.

A Fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio no cal enviará o convite para a presentación da solicitude de patrocinio xunto co texto do plan de patrocinio.

A entidade convidada a tomar parte no procedemento DE400C presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e habilitarase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código DE400C.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de cinco (5) días naturais contados desde a propia data de recepción do convite. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/plan-patrocinio-2020-alta-competicion-feminina. Teléfono 881 99 63 77.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego