Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36836

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (294/2020).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 294/2020, por instancia de María Placeres Filgueiras Nicolás contra o Fondo de Garantía Salarial e contra a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración de sentenza con data do 21.7.2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva:

A S.Sª acorda: procede a aclaración solicitada. E, en consecuencia, a resolución da sentenza quedará do teor literal seguinte:

“Resolvo:

Acéptase a demanda interposta por María Placeres Filgueiras Nicolás fronte á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido o contrato de traballo que unía a traballadora coa empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. na data da presente resolución.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante do 27 de febreiro de 2020.

– Condénase a empresa Confecciones Torres Tasende, S.L. a lle aboar á demandante a cantidade de 27.437,19 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, e a cantidade de 4.375,72 euros en concepto de cantidades salariais pendentes de pagamento.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña”.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe. O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Confecciones Torres Tasende, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza