Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Melayro XIV.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Melayro XIV e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante escrito do 14 de febreiro de 2020, Alejandro Tubío Lorenzo solicita autorización para transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Melayro XIV.

Segundo. O solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Terceiro. O informe da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica sobre a tramitación do expediente é favorable.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos a favor de Mejilloneras Elemont, S.L. (B15945041) da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro XIV.

Situación:

Cuadrícula nº: 57.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Alejandro Tubío Lorenzo (***7817**) e Mª Manuela Mariño Sánchez (***6805**).

Novo titular: Mejilloneras Elemont, S.L. (B15945041).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial de transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira, sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión administrativa e da batea queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización de compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun (1) mes, desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro) ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous (2) meses contados, en ambos os dous casos, desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 28 de agosto de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións (Resolución do 6.11.2019)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños