Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 608/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 608/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Mercedes Cerqueiro Fernández contra a empresa Panadería Mollabao, S.L. e Francisco Martínez Duarte, sobre despedimento, ditouse Sentenza o 21.4.2020 contra a que non cabe recurso ningún que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Panadería Mollabao, S.L. e Francisco Martínez Duarte expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 19 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza