Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 15 de setembro de 2020 Páx. 36086

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 89/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 89/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Josefa Álvarez Mallo e Alberto Casares Suárez contra a empresa Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., sobre ordinario, ditáronse as seguintes resolucións:

– Auto de ampliación da execución con data 2.6.2020, recorrible en reposición nos tres (3) días seguintes á súa notificación, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

– Dilixencias de ordenación con datas do 2.6.2020, 9.6.2020, 16.6.2020 e 21.8.2020, recorribles en revisión no prazo de tres contados desde a súa notificación os cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Omnia Innovación y Gestión Educativa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza