Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 36015

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 20 de agosto de 2020, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de modificación do uso dotacional da parcela AOD A-3-10 Esturáns.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 29 de xullo de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar, ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e en similares termos que o previsto no artigo 65.7 do seu regulamento de desenvolvemento (Real decreto 143/2016, do 22 de setembro), e con base na fundamentación xurídica exposta, a modificación do uso dotacional da parcela municipal sita na AOD A-3-10 Esturáns, M2, parcela 3, de 1.511 m2, para destinala a outro uso dotacional, de dotacional asistencial a dotacional de servizo público-Categoría 15ª. Centros destinados á prestación de servizos públicos, subcategoría 3-Seguridade cidadá: instalacións destinadas á salvagarda das persoas e os bens en todos os seus aspectos: parques de bombeiros, situada no ámbito de aplicación do Instrumento de ordenación provisional do Concello de Vigo, elaborado polos servizos técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, con data da sinatura do 26.4.2019, e aprobado definitivamente polo Pleno do Concello de Vigo, na sesión extraordinaria que tivo lugar o 24.7.2019, e publicado no DOG núm. 160, do 26.8.2019 e a súa normativa no BOP núm. 181 do 20.9.2019, e inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia por Resolución do 11.9.2019.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG e notificalo para o seu coñecemento á Consellería de Política Social e á Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Terceiro. Remitir o presente acordo, xunto cunha copia autenticada do expediente electrónico, debidamente foliado, autenticado e dilixenciado (artigo 26 da LPACAP en relación co artigo 70 do dito corpo legal) á Dirección Xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia consonte o previsto no artigo 88 da LSG e consonte o previsto no artigo 209.2.b) do RLSG. No anuncio de aprobación, referido no punto dispositivo segundo do presente acordo, farase constar a dita remisión.

Cuarto. Notificar o presente acordo ao departamento municipal de Extinción de Incendios e Salvamento para o seu coñecemento, así como aos correspondentes departamentos municipais, con competencias na materia que resulten afectados».

Vigo, 20 de agosto 2020

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo