Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35959

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 73/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 73/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mónica Lareo Sánchez contra Limpiezas El Polígono, S.L.; Áncora Hispania, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, vinte e dous de xullo de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante Mónica Lareo Sánchez fronte a Limpiezas El Polígono, S.L.; Áncora Hispania, S.L. e o Fogasa, parte executada.

– De conformidade co disposto no artigo 280 da LRXS e conforme solicitou na demanda executiva a letrada da Administración de xustiza, sinalarase data para a vista do incidente.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, do cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe. A maxistrada. A letrada da Administración de xustiza».

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela o vinte e un de agosto de dous mil vinte.

Despois de presentar a traballadora Mónica Lareo Sánchez escrito no cal exixe o cumprimento por parte das empresas Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución do 22.7.2020, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar para comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixar o próximo día 9.10.2020, ás 9.20 horas, para a realización da comparecencia na Sala de Audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse.

De non asistir a traballadora ou persoa que a represente, darase por desistida na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante, realizarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación das executadas Limpiezas El Polígono, S.L. e Áncora Hispania, S.L., por medio de edictos, tendo en conta que está en paradoiro ignorado.

Sírvalles de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de emprazamento facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre. A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Limpiezas El Polígono, S.L. e a Áncora Hispania, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza