Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35962

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 214/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 214/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Doejo Paz contra Fermín Group Iberica, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Santiago de Compostela, trece de xullo de dous mil vinte.

Visto o estado que presentan as actuacións, de conformidade co art. 183.4 da LAC, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral o próximo día 20 de outubro de 2020, ás 9.00 horas o acto de conciliación e ás 9.05 o acto de xuízo oral, na sala 1, planta baixa, deste edificio xudicial, e acordo citar as partes coas advertencias e apercibimentos legais adquiridos durante a tramitación do procedemento.

Sirva a notificación desta resolución de citación en legal forma ás partes.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Iberica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado».

Advírtese ao destinatario que ten ao su dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza