Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 72/2020).

Eu, María Iria Roman Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago De Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 72/2020 deste xulgado do social, seguido a instancia de Ángel Benigno Somoza Hermo contra as empresas Ilunion Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia Integrada, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse auto e decreto en data 19 de agosto de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Ángel Benigno Somoza Hermo, fronte a Ilunion Seguridad, S.A. e Esabe Vigilancia Integrada, S.A., parte executada, en forma solidaria, por importe 8.113,39 euros en concepto de principal, máis 2.404,58 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 501 euros de honorarios de letrado impostos pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, máis 1.101,90 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorrese a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0072 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0072 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de Observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíz. A letrada da administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«– Requirir de pagamento a Ilunion Seguridad, S.A., pola cantidade reclamada de 8.113,39 euros en concepto de principal, máis 2.404,58 euros de xuros do artigo 29.3 do ET, máis 501 euros de honorarios de letrado impostos pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, máis 1.101,90 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non paga no prazo de dez (10) días, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (concepto transferencia 5076 0000 64 0072 20), procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as costas desta.

– Requirir a Ilunion Seguridad, S.A., co fin de que no prazo de dez (10) días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Respecto a Esabe Vigilancia Integrada, S.A., unha vez que transcorra o prazo referido en parágrafos anteriores acordarase o que proceda.

Notifíquese ás partes e a Esabe Vigilancia Integrada, S.A., por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres (3) días hábiles Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0072 20. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES 55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0072 20”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia Integrada, S.A., expido o presente.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza