Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35697

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada 2020-IPPC-61-334 á planta de refinación e envasado de aceites localizada en San Cibrao das Viñas. Titular: Aceites Abril, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:

Proxecto: de planta de refinación e envasado de aceites

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: Aceites Abril, S.L.

Expediente: 2020-IPPC-I-61

Localización: San Cibrao das Viñas (Ourense)

Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático