Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 10 de setembro de 2020 Páx. 35728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de agosto de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Unión Fenosa Distribución, S.A., para regularizar unha liña soterrada de media tensión, no dominio público portuario de Sada (expediente 12-13-19-C-1).

Estase a tramitar unha concesión administrativa para regularización unha liña soterrada de media tensión, no dominio público portuario de Sada-Fontán, de acordo cun plano de superficies e usos, ademais da documentación técnica seguinte:

«Separata para LMTS SAD-714 entre os centros de transformación 15CK50 e 15C470» redactado en novembro de 2013, polo enxeñeiro industrial Burkard Hecht Elourdy, e visado o 29.4.2014 co número 20141016, describre as obras que, básicamente, consisten no enlace dos CT 15CCKS0, localizado na avenida da Mariña, nº 55 e o CT 15C470 localizado en Fontán.

«Carpeta de permisos para RBT avda. do Portos, s/n», asinado polo enxeñeiro técnico industrial, Pablo López Alonso colexiado número 3802, o 20 de xuño de 2018.

«Carpeta de permisos para RBT, avenida do Porto, nº 26», asinado polo enxeñeiro Pedro Tizón Barro, col, colexiado número 3270, o 16 de maio de 2019.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 13 de agosto de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro