De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos adoptounos a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia destas notificacións queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 31 de agosto de 2020
Mar Gómez Pardo
Xefa da Área provincial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
LRD-057/14 |
33330134Y |
Requirimento de pagamento de débedas |
LRD-010/15 |
33852904D e 36563654W |
Requirimento de pagamento de débedas |
LRD-012/16 |
76557120X |
Requirimento de pagamento de débedas |
LRD-084/16 |
10500396E |
Requirimento de pagamento de débedas |