Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2020/104-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento LMT ATI701 de alimentación aos CCTT Censa, Egymsa e Inclasa.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² AI de 168 metros de lonxitude, con orixe no empalme que se vai realizar coa LMTS ATI701 existente cara ao CS Eulogio Mato (36CW8) e final na cela da LMT do CS 4L a instalar e legalizar por particular. LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm² AI de 172 metros de lonxitude, con orixe na cela da LMT do CS 4L a instalar e legalizar por particular e final na cela da LMT do CS polígono A Granxa (36CCV8). LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² AI de 255 metros de lonxitude, con orixe na cela da LMT do CS 4L a instalar e legalizar por particular e final no poste C 2000/16 proxectado. Retensado da LMT aérea (actuación 4) a 15 kV con condutor tipo LAC-28 mm² AI, con orixe no poste C 2000/16 proxectado e final no poste 1B/9 existente. As instalacións están situadas no polígono industrial A Granxa, no concello do Porriño (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1)mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 14 de agosto de 2020

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 175/2015, do 3 de decembro)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica