Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 7 de setembro de 2020 Páx. 35291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de aceptación de renuncia no expediente de expropiación do parque eólico Montes de Abella (expediente 103-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas en diversos trámites afectados pola instalación eléctrica do parque eólico Montes de Abella, segundo se sinala no cadro anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ten un prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Lugo, 25 de agosto de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 103-EOL.

Denominación: parque eólico Montes de Abella. Concello: Triacastela.

Predio

Propietario

Trámite

Predio 3 (polígono 8, parcela 207)

Consuelo Vázquez Díaz

Hdos. Alejandro Lago López

Resolución de aceptación de renuncia á expropiación dos seguintes predios do proxecto:

Parcela 3

Parcela 7

Parcela 8

Parcela 8b