Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35134

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 188/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 188/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Ares Ramos contra Vicente Cabanas Salvado, Davimar Escayolas, S.C., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar os executados Vicente Cabanas Salvado, Davimar Escayolas, S.C., en situación de insolvencia total por importe de 8.500 euros en concepto de principal (indemnización), máis outros 850 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres (3) días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

E para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia do executado Vicente Cabanas Salvado, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza