Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 4 de setembro de 2020 Páx. 35115

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

ORDE do 31 de agosto de 2020 pola que se modifica a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT130A).

O día 14 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT130A).

No artigo 16.1 da dita orde establecíase que o prazo para que as persoas beneficiarias das axudas acrediten e xustifiquen os proxectos subvencionados será ata o 31 de outubro de 2020; en caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción.

Tendo en conta o longo proceso de avaliación e resolución debido ás circunstancias especiais derivadas da pandemia do COVID-19, xunto á complexidade da execución dos proxectos e co fin de facer viables os procesos de execución e xustificación por parte dos beneficiarios resultantes, sen que con iso se cause prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación.

Visto o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 7 de xaneiro de 2020

Modifícase o artigo 16.1 da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, que queda redactado como segue:

«Artigo 16. Prazo, xustificación e pagamento das axudas

O prazo para que as persoas beneficiarias das axudas acrediten e xustifiquen os proxectos subvencionados será ata o 15 de novembro de 2020; en caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción».

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo