Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento competencia desta xefatura (expediente 2017/7-32).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa referida no anexo, cuxos intentos de localización foron infrutuosos, o acto administrativo emitido no procedemento que tamén se indica no referido anexo, instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a persoa interesada, por si ou a través dos seus representantes legais. para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Política Social, na rúa Sáez Díez, nº 39, baixo, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, advírtese que desde o día seguinte ao da notificación por comparecencia terá dez (10) días para presentar as alegacións, suxestións e/ou documentación que xulgue procedente.

Ourense, 6 de agosto de 2020

A xefa territorial de Ourense
P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Marta Conde Veloso
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: 2017/7-32.

DNI: 44485961M.

Acto que se notifica: proposta de medidas do 14 de xaneiro de 2020.

Efectos xurídicos: apertura do trámite de audiencia.