Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente-e IN407A 2020/31-1).

Expediente-e: IN407A 2020/31-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS anelamento do CT Cristo (15CIG5).

Concello: Ferrol.

Feitos.

1. O 12 de febreiro de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Servizo de Xestión Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña; a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Puertos del Estado) e o Concello de Ferrol. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polo Servizo de Xestión Cultural e pola autoridade portuaria. No que atinxe ao concello, con data do 22 de xuño de 2020 achegou un novo informe dando a conformidade urbanística do proxecto.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

• Liña eléctrica de media tensión soterrada a 15 kV cunha lonxitude de 465 m, coa orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR704 en arqueta fronte ao CT Espartero (expediente 952/16), condutor tipo RHZ1 2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en cela de liña existente no CT Espartero, logo de realizar entrada e saída no CT Cristo (expediente IN407A 2016/1813-1).

• Substitución das celas existentes no CT Cristo por celas modulares con corte en SF6 configuración 3L+1P (2 telecontroladas).

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña