Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de agosto de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se dá publicidade á sanción firme imposta pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais no expediente 2019/0019-0.

Unha vez que adquiriu firmeza a sanción imposta á empresa que se relaciona, pola comisión dunha infracción moi grave en materia de prevención de riscos laborais, procédese a dar publicidade, de conformidade co disposto na Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, sobre publicación das sancións nesa materia e cos datos establecidos no artigo 3 da citada orde.

Nome ou razón social da empresa: Alain Daniel Souto Ponte, S.A.

Sector da actividade e CNAE: pintura e acristalamento (4334).

NIF: 32828881S.

Domicilio social: Lugar Vertín, Mondego, nº 4, 15168 Sada (A Coruña).

Infracción cometida: artigo 13.10 do texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto. Incumprir as disposicións mínimas de seguridade e saúde no desenvolvemento da actividade, xerando un risco grave e inminente para a seguridade e saúde dos traballadores.

Preceptos legais infrinxidos: artigos 14.1, 14.2, 14.3, 15 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Importe da sanción económica imposta: 40.986,00 euros.

Data de extensión da acta: 21.10.2019.

Data de firmeza da sanción: 4.3.2020.

Conforme o disposto no artigo 2.4 da Orde da Consellería de Traballo, do 30 de xullo de 2008, semestralmente publicarase a relación de empresas sancionadas na páxina web da citada consellería. Ademais, procederase á inscrición no Rexistro Público de Empresas Sancionadas por comisión de infraccións moi graves en materia de prevención de riscos laborais dos datos publicados neste anuncio, de acordo co previsto no artigo 4 da orde. Estes datos cancelaranse de oficio aos cinco anos contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego