Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, logo de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentada dúas veces as notificacións, estas non se puideron practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias da Sección de Minas da Xefatura Provincial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Debido ao protocolo de medidas preventivas fronte ao coronavirus nos servizos de rexistro e atención á cidadanía (Resolución do 27 de abril de 2020), todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 18 de agosto de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

Anexo

Interesados

Acto notificado

Herdeiros de Lucila Pardo Rielo

Copia da Resolución do 19 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe no concello de Lalín (expediente IN407A 2019/109-4).

Herdeiros de Digna Suárez Aldán

Resolución do 4 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Lama (expediente IN407A 2020/085-4).

Carmen Campos Allende

Resolución do 3 de xuño de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2020/012-4).

– Manuel Fernández García

– Irmáns Concepción Fariña Álvarez

– Claudina Lago Requeijo

– Alfonso Paredes Nogueira

– Eduardo Aguirre Castro

– Rafael Andón Senra

– José Beis Fernández

– José Fernández Taboada

– Florinda Espiño Mancebo,

Manuel Mancebo Coste,

Celia Espiño Mancebo

e irmás Espiño Mancebo

– Irmáns Luis Porto Orosa

– Rosa Iglesias Rodríguez

– Manuel Ouzande Collazo

– Mª Carmen Ouzande Corral

– Carmen Rey Ouzande

– Manuel Rendo Bugallo

– Antonio Rodríguez

– Carmen Salvado Doval

– Rafael Varela Otero

– Rocío López Taboada

– María Niveiros Sánchez

Resolución do 31 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización pola que se outorgan a Hidroeléctrica de Silleda, S.L. as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LAT 66 kV de SET Cira a SET Silleda, no concello de Silleda (expediente IN407A 2015/085-4).

Iñaki Teixeira Rodríguez

Resolución do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe no concello do Porriño (expediente IN407A 2019/058-4).