Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Durán Loriga, número 3, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, se considerará que desisten da súa petición.

A Coruña, 18 de agosto de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Núm. solicitude

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

35810

K371797

8.7.2020

36039

T299189

1.7.2020

36147

Y646116

6.7.2020

36145

10120835

6.7.2020

36260

YC18399 (representante legal YC604662)

13.7.2020

36215

140209M2407175 (representante legal YC604662)

13.7.2020

36231

A985816

10.7.2020

36251

AU840387

13.7.2020

36563

RM0059135

15.7.2020

36433

JQ0989769

15.7.2020

36713

00AU706328

22.7.2020

36617

EJ2873074

28.7.2020