Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 522/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 522/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sheila Martínez Couto contra González Arrebola, S.C., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 522/2019 sendo parte neste, como demandante, Sheila Martínez Couto, asistida polo letrado Sr. Castro Martínez, e, como demandados, González Arrebola, S.C., Macarena Arrebola Prieto, Juan Arrebola Prieto, que non comparecen malia a súa citación en legal forma, sobre despedimento, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes,

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Sheila Martínez Couto fronte a González Arrebola, S.C., Macarena Arrebola Prieto, Juan Arrebola Prieto e, como consecuencia:

Declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno solidariamente os demandados a que, á súa opción, que deberán exercer no prazo de cinco (5) días desde a notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza deste xulgado do social, proceda: a) á readmisión da parte demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento e ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento (3 de xuño de 2019) ata que a readmisión teña lugar, a razón de 44,38 euros diarios; b) ou ben, a aboarlle unha indemnización por importe ascendente a 10.496,71 euros; con imposición do pagamento de honorarios da asistencia letrada á demandante en cantidade de 200 euros.

Sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de garantía salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que, ao tempo de anuncialo, acredite a parte que non teña o carácter de traballador ou habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou non goza do beneficio de xustiza gratuíta ter consignado como depósito a cantidade de 300 euros na conta deste xulgado, así como acreditar, ao anunciar o recurso, ter consignado na conta de depósitos e consignacións aberta a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e as entidades comprendidas no número 4 do artigo 229 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, o manda e o asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a González Arrebola, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza