Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34811

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 14/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 14/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Muñoz Rodríguez contra Óscar Pérez López, S.L., sobre despedimento, ditouse auto de despacho de execución o 4.8.2020 pola cantidade de 13.009,24 euros de principal (1.031,18 euros de indemnización máis 11.978,06 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos), máis 1.300,92 euros que provisionalmente se orzan para xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta. Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes á súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así mesmo, ditouse decreto o 4.8.2020 en que se acorda requirir a Óscar Pérez López, S.L. co fin de que, no prazo de dez (10) días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas. Acordouse o embargo de bens. Contra este decreto cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma á empresa Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, estando as resolucións e demanda executiva á súa disposición na oficina xudicial deste xulgado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza