Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 1 de setembro de 2020 Páx. 34852

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 17 de agosto de 2020 pola que se notifica a resolución do expediente de caducidade de autorización de atracada número P7-08E nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Ribadeo.

Con data do 21 de xullo de 2020 a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Diego Eugenio López Neira con DNI ***1357**.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, desde o segundo semestre do ano 2014 ata o segundo semestre do ano 2019.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada, e a obriga de retirar, de ser este o caso, e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso administrativo nun prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun (1) mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia