Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34475

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Cañiza

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de equidistribución para o desenvolvemento do Plan de sectorización do Vieiro.

A Xunta de Goberno Local do Concello da Cañiza (Pontevedra), en sesión que tivo lugar con data do 6.2.2020, aprobou definitivamente o Proxecto de equidistribución para o desenvolvemento do Plan de sectorización do Vieiro, que se executará polo sistema de concerto, adoptando o acordo que de seguido se transcribe:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Proxecto de equidistribución para o desenvolvemento do Plan de sectorización do Vieiro, que se executará polo sistema de concerto. De conformidade cos artigo 107 da LSG e 274 do Regulamento da LSG esta aprobación definitiva terá os seguintes efectos:

a) Transmisión ao municipio, en pleno dominio e libre de cargas, de todos os terreos de cesión obrigatoria para a súa incorporación ao patrimonio público do solo ou a súa afectación aos usos previstos no planeamento.

b) Subrogación, con plena eficacia real, das antigas polas novas parcelas correspondentes.

c) Afectación real das parcelas adxudicadas ao cumprimento das cargas e pagamento dos custos inherentes ao sistema de actuación correspondente (artigo 107.1 da LSG).

Neste senso debemos de ter en conta que o promotor se trata dun propietario único dos terreos polo que será o que asuma as cargas e beneficios do ámbito, con independencia da cesión dos terreos de cesión obrigatoria en favor do Concello.

Segundo. Que se proceda a publicar un anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que se proceda á notificación individualizada a cargo da Administración actuante a todos os propietarios e interesados no polígono e nos sistemas xerais afectos, considerando os datos catastrais e os que figuren no Rexistro da Propiedade segundo a certificación expedida para tal efecto no seo do procedemento. Así mesmo, notificarase aos titulares de cargas e gravames afectados pola equidistribución.

Cuarto. De conformidade co establecido nos artigos 107.3 da LSG e 272 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, unha vez firme en vía administrativa o acordo de aprobación definitiva do instrumento de equidistribución, procederase á súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

Recursos: de conformidade coa disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, os prazos para presentar os recursos correspondentes quedan suspendidos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela, unha vez que perda vixencia a dita suspensión ou as súas posibles prórrogas, pode interpoñerse ou ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, sempre que perdese vixencia a dita suspensión ou as súas posibles prórrogas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, sempre que perdese vixencia a dita suspensión ou as súas posibles prórrogas. Se se opta por interpoñer recurso potestativo de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que se interpoña calquera outro recurso que se coide procedente segundo o teor do artigo 40 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Cañiza, 31 de marzo de 2020

Luis Antonio Gómez Piña
Alcalde