Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 28 de agosto de 2020 Páx. 34477

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2017/X999/001621).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de maio de 2020, acordou aprobar a corrección do punto 6.3 da memoria xustificativa do plan parcial do sector urbanizable delimitado SUR-D/S-I4/AR S-I4 do PXOM (Calvo), aprobado definitivamente na sesión do Pleno municipal que tivo lugar o 25 de novembro de 2019 (publicado no DOG número 39, do 27 de febreiro de 2020), cuxo parágrafo relativo ao punto 2) pasa a ter a seguinte redacción:

«O proxecto de urbanización recollerá o trazado do carril bici de dobre sentido que discorrerá desde o extremo noroeste do sector ata o extremo sureste discorrendo pola barreira vexetal e a ZV-1 do sector, dándolle continuidade a través do Sistema xeral adscrito (SX. EL-12) ata o parque fluvial do río Anllóns previsto no PXOM».

Esta corrección foi presentada por escrito do 8 de abril de 2020, número de rexistro 202099900000706, e redactada polos arquitectos Iria Pérez Miranda (colexiada 3194 COAG) e Ignacio Lázaro Quintela (colexiado 3877 COAG), e polo enxeñeiro Manuel Breijo Cotelo (enxeñeiro industrial colexiado 5040 COIIG). Non afecta terceiros, nin ten carácter normativo, nin altera ningunha outra parte do documento do plan parcial, nin dos seus datos.

A corrección da memoria xunto co documento aprobado definitivamente poderá consultarse na páxina web do concello no seguinte enlace:

http://carballo.org/urbanismo/planeamentodesenvolvemento.php?idioma=gl#ancla 

A normativa e as ordenanzas reguladoras deste plan parcial publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Carballo, 22 de xullo de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde