O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de xullo de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Soutomaior, por acordo do Pleno na sesión de 28 de maio de 2020, para desenvolver as facultades da liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
A citada delegación realizaraa a Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.
O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.
Pontevedra, 5 de agosto de 2020
A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra |
José Luis Mato Rodríguez |